ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A CIG reclama a dimisión inmediata dos altos cargos do Banco Gallego procedentes de Caixanova, vinculados ao escándalo das indemnizacións e que continuan no Consello de Administración do BG. Segundo a central nacionalista pola cúpula da entidade bancaria pasaron ou ainda están presentes Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego e Oscar Nelson Rodriguez Losada.
A Confederación rexeitou o Expediente de Regulación de Emprego acordado entre a dirección da empresa, CCOO e UXT, que implica a “deslocalización dos servizos centrais cara Madrdid, a extinción de 99 postos de trballo e a mobilidade xeográfica obrigatoria para 145 persoas”. O Banco Gallego está participado nun 49% por NCG banco.
Investigacións
A Fiscalía Anticorrupción podería investigar as indemnizacións millonarias a directivos das Caixas de Aforro. Xa abriu de oficio dilixencias de investigación arredor de Caja Mediterraneo. As indemnizacións multimillonarias provocaron un forte escándalo en Novacaixagalicia, onde 4 antigos directivos recibiron indemnizacións e pensións por 40 millóns pese a ter levado á entidade á nacionalización ante a súa falta de solvencia.