Reclaman hortos urbanos

Reclaman hortos urbanos
30 de Xuño, 2025 - 12:27 h. | Publicada por Radio Fene

 A onda de calor que asfixia á comarca non botou para atrás á asociación Picos do Sol. Aproveitaron as temperaturas extremas en Narón para realizar unha demostración de montaxe e funcionamento de cociñas solares. Prepararonse liscos, arroz e biscoitos. En colaboración con Amnistia Internacional protagonizaron unha xornada de convivencia na Praza da Lectura, nas vivendas da Mariña. 

Os de Picos do Sol incidiron na recomendación da compostaxe e reclamaron dos Concellos da comarca a planificación de hortas urbanas onde as persoas interesadas poidan reencontrarse coa natureza e coa agricultura de proximidade. O Concello de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña xa levan tempo con moi boa acolllida a esas iniciativas. Explicouse a montaxe económica de cociñas solares, artefactos que permiten preparar alimentos aproveitando a enerxía solar térmica. A xornada celebrouse a mediodia do domingo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora