Reclaman investimentos

Reclaman investimentos
05 de Decembro, 2024 - 08:47 h. | Publicada por Radio Fene

Investimentos para a reactivación económica da comarca, a rexeneración da ría e a vía de alta capacidade Costa Norte son algunhas das necesidades que detectou o BNG nos Presupostos da Xunta para 2025. O deputado Mon Fernández informou das emendas que presentaron no Parlamento Galego.

ESCOITA O PODCAST:

Son 77 as emendas ao proxecto de Presupostos da Xunta para o ano que vén presentadas polo Bloque relativas a necesidades das comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal. Totalizan investimentos por importe de case 158.000 euros. Figuran entre elas 11 para acondicionar debidamente centros educativos que teñen moitas eivas, como o IES de Fene, segundo manifestou o deputado Mon Fernández.

Institucional

Publica o teu comentario agora