Reclaman solucións para as preferentes

Reclaman solucións para as preferentes

05 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Unha urxente solución para os aforradores aos que lle investiron os seus cartos en participacións preferentes, reclama o PSdeG PSOE nunha iniciativa parlamentaria na que tamén censura o proceso de venda de Novagaliciabanco. Critican os socialistas  que, a día de hoxe, "ninguén responde" aos afectados por participacións preferentes, xa que os responsables da entidade "escapan do asunto" e o Goberno galego "sitúase de perfil&quo

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, esixiu á Xunta que explique no Parlamento "que vai pasar cos máis de 8.000 millóns de euros de diferenza entre os máis de 9.000 millóns (de diñeiro público) investidos en Novagalicia Banco e os 1.000 que agora paga a venezolana Banesco" para facerse coa entidade.

   Deste xeito, o socialista rexistrou unha pregunta na Cámara galega na que insta o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao líder do Goberno central, Mariano Rajoy, a que "teñen que explicar quen vai pagar esta cantidade", despois de que "o saneamento" da entidade financeira "custase 9.000 millóns aos contribuíntes españois" e perder" 8.000 millóns de diñeiro público.

   Neste sentido, denuncia que Rajoy "dixo no seu día que non ían pagar os contribuíntes" o rescate a entidades financeiras, "que o pagaría a banca e, polo que se ve agora, isto non será así".

   Así, González Santín critica que a venda de NCG por 1.003 millóns de euros "demostra que foi unha venda precipitada e un exemplo máis de política errática do Goberno galego en materia financeira".

PAGO APRAZADO E GALEGUIDADE

   Na liña, avisa que "a realidade é que, finalmente, o grupo venezolano Banesco adquirirá o 88,3 por cento da entidade galega desembolsando apenas 400 millóns de euros ao formalizarse a operación", de forma que o resto será abonado en sucesivos prazos até 2018.

   Xunto a isto, o deputado socialista recrimina que Novagalicia Banco "perderá definitivamente a súa galeguidade", mentres que "os 600 millóns de euros que serán demorados serán financiados cos beneficios que xere a entidade nos próximos anos". "Estes beneficios serán para Banesco e non para o Estado, como ocorrería se se vendese o banco sen tantas présas", lamenta.

.

Sociedade