ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Parlamento Galego aproba a demanda da transferencia da Autopista do Atlántico. A Proposición de lei defendida pola deputada do BNG, Ana Pontón para reclamar ante o Congreso a transferencia da titularidade pública e competencia da AP-9 á Xunta de Galiza acadou a “unanimidade da Cámara galega”. No debate, a parlamentaria argumentou que a transferencia da AP-9 “ten transcendencia política para Galiza” e hoxe, dixo, podemos dar pasos par
Dende o Bloque Nacionalista galego consideran ilóxico que Galiza, con competencias en materia de infraestruturas, manteña a AP-9 como unha infraestrutura estatal, que para o BNG é un símbolo do “agravio de como gobernan o noso país dende Madrid".
A parlamentaria criticou que Feijóo, “tan preocupado co que sucede en Cataluña” non se preocupe da aldraxe que supón para Galiza manter AP-9. Resulta unha mostra, afirmou, de como os gobernos centrais aplican un “rol colonial” no que os galegos e as galegas somos pagadores dos beneficios de grandes grupos empresarias. A AP-9 é a evidencia da privatización das infraestruturas levadas a cabo por Aznar en contra dos intereses xerais, afirmou Pontón. “Hoxe temos unha hipoteca para o noso desenvolvemento que nos sae moi cara e hoxe tamén temos a oportunidade de que a AP-9 dependa dos galegos e galegas e non das decisións arbitrarias do Goberno de Madrid".
A AP-9, explicou, é unha infraestrutura con 219 Km, clave nunha franxa importante do noso país. Comunica cinco das sete cidades galegas e unha infraestrutura que ten moito que ver coa mobilidade e o impacto nas actividades económicas.