ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Antón Baamonde lamenta no seu libro "Agora non é antes" que Galicia careza dun museo de arte moderna que narre a evolución artística do país nos dous últimos séculos. Considera que o Museo Carlos Maside no Castro en Sada, pechada tras cambiar de propietario, debería ser pública e constituír a "mellor cerna" para este proxecto. Aínda que valora museos como os de Pontevedra ou A Coruña, bota en falta un relato nacional semellante ao do MNAC en Cataluña.

Por outra banda, o autor critica a perda de poder da Unión Europea, evidenciada na súa falla de actuación ante conflitos como o de Gaza. Pregúntase onde queda o modelo social europeo ante a ofensiva privatizadora e a falta de autonomía tecnolóxica fronte a Estados Unidos. Para Baamonde, a subordinación política impide que xurdan en Europa grandes compañías tecnolóxicas, a pesar de existir talento e capacidade económica, e isto forma parte dunha "banalización" inducida que lastra o vello continente.
Fotografia Xan Xe
Publica o teu comentario agora