Reclaman unha subida salarial xusta

Reclaman unha subida salarial xusta
17 de Marzo, 2023 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Traballadores de GT Motive de Pontedeume protagonizaron este venres unha xornada de folga e unha manifestación. Reclaman unha subida salarial xusta á vista dos resultados positivos da empresa adicada á fabricación de software para peritaxes de seguros. Allianz X adquiriu recentemente a firma inxectando capital e favorecendo unhas ganancias importantes. 

Fotografía Xan Xe

Máis de 200 traballadores participaron na protesta. A dirección convocou ao comité de empresa para o luns co obxectivo de manter unha nova reunión da mesa negociadora. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora