ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ourense acolle mañá venres o "Festival ‘EBA 5.0: O universo de Blanco Amor 50 anos despois d’A Esmorga’. O festexo serve de plataforma de presentación dun libro-disco no que participan distintas agrupacións musicais da cidade de Ourense co gallo do 50º aniversario da publicación da novela de maior sona do escritor ourensán. O espectáculo músico-literario percorrerá a cidade co pasarrúas de ‘A E
O festival comezará coa saída dos cabezudos ás dez da noite da Praza do Ferro ata o Auditorio Municipal onde actuarán. A música arrincará ás once coa actuación da Banda Municipal de Ourense, o grupo Animales Domésticos, Sólidos Galicianos, Gomes moure e Os Perotores. Completan o cartel a Banda Ourensóns, Guezos, o Sonoro Maxín, Magritte e o grupo Burgas Beat. O festival repousará sobre unha fabulación de Fernando Dacosta, Josito Porto e Suso Porto de Sarabela Teatro. A entrada na celebración no Auditorio Municipal de Ourense custa 3 euros.
A publicación consta de 150 páxinas con diferentes textos e accións vencelladas con ‘A Esmorga’ e co seu autor ofertadas en formas e xéneros diferentes: banda deseñada, xogo de rol, ensaio, música, títeres e deseño gráfico.
Pola súa banda, o disco compacto, recollerá a aportación dun total de 10 formacións musicais ourensanas con temas inspirados o relacionados con ‘A Esmorga’. Unha relectura en clave musical dos ambientes, situacións e espazos da obra vista por unha selección de grupos e bandas da cidade. O terceiro produto deste proxecto cultural é o DVD, cunha obra inspirada nas ‘Farsas para títeres’ de Blanco Amor.