Recoñecemento da pluralidade na Lei Audiovisual

Recoñecimento da pluralidade na Lei Audiovisual
24 de Setembro, 2021 - 01:12 h. | Publicada por Radiofusión

As grandes plataformas van estar obrigadas a financiar as producións audiovisuais en castelán e a dobrar ou lexendar series e películas rodadas noutros idiomas. A Iniciativa Xabarín pide igualdade de trato. Que esas porcentaxes tamén se establezan para a lingua galega. Algo máis necesaria dada a forza e importancia do sector audiovisual galego, segundo o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira. 

ESCOITA O PODCAST:
O auxe do audiovisual tamén se reflexa no podcast.

A Lei Xeral de Comunicación Audiovisual debaterase nos vindeiros meses no Congreso dos Deputados. O Parlamento galego acordou por unanimidade trasladar esa demanda de igualdade de trato para o galego. Non hai quen nos pare, se esta unidade se mantén. 
Netflix, HBO, Filmin, Movistar plus, Prime video, Disney. As plataformas audiovisuais ofrecen en setembro de 2021 máis de 25.000 títulos de películas ou series. Deses 25.000 só 25 están en lingua galega. Dispoñemos de  oferta dobrada ou lexendada en español e tamén de variedades como o danés, o sueco ou o coreano. Está en xogo a accesibilidade en lingua galega do conxunto da poboación. Tamén contar cun sector audiovisual con financiamento en condicións de igualdade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora