ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Colleitou tres puntos o Maniños na Coruña. Chegaron, por fin, os resultados froito do bo xogo do equipo. Orillamar 0-2 Maniños. Dous tantos marcados por Lucía Calvo no primeiro tempo déronlle esta valiosa vitoria na Segunda Galicia ao equipo que adestra Noelia Leiras. Ela e a xogadora Andrea Bellón comentaron o partido en Radio Fene.
“Sentenciamos na primeira parte; na segunda seguimos co mesmo ritmo, a mesma intensidade e un esforzo moi grande por parte de todas as xogadoras”, explica Noelia Leiras. Esta vitoria supón unha boa inxección de moral para o equipo. “Facíanos moita falta, creo que animicamente vainos vir moi ben”, recoñece Andrea Bellón. A adestradora pide agora seguir traballando e non relaxarse para o vindeiro compromiso.
Publica o teu comentario agora