Recollen residuos domésticos

Recollen residuos domésticos
16 de Xaneiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Manter limpas as rúas. Non deixar o lixo fóra dos contedores. Facer uso do Punto Limpo e do servizo de recollida de voluminosos para desfacernos do que non funciona ou nos sobra. Son actos de civismo que non custan nada e axudan a facer dun concello un lugar mellor para vivir. Falamos dos servizos que presta o Concello de Fene nesta área coa concelleira de Medio Ambiente de Fene, Cristina García Moroño.

ESCOITA O PODCAST:

A Concellería de Medio Ambiente de Fene está a desenvolver unha campaña informativa sobre o Punto Limpo de Vilar do Colo, un servizo de balde para a veciñanza de Fene, Ares e Cabanas, tamén para persoas que teñen aquí unha segunda residencia. O Punto Limpo leva aberto case un ano en Vilar do Colo. Alí poden depositarse residuos como mobles, electrodomésticos ou restos de podas. O balance do primeiro ano de funcionamento “é plenamente positivo, a veciñanza está facendo un uso regular del pero consideramos que aínda podemos darlle un pulo maior”, manifestou a concelleira de Medio Ambiente. No mes de outubro, por exemplo, recolleronse no Punto Limpo 117,28 toneladas de residuos, máis da metade procedentes de Fene. A veciñanza fenesa depositou nestas instalacións 62 toneladas de residuos. Toda a información sobre horarios e obxectos que poden deixarse alí figura nos folletos informativos que estes días reparte a Concellería de Medio Ambiente nos domicilios de Fene. 

Institucional

Publica o teu comentario agora