Recolleron os froitos

Recolleron os froitos
24 de Novembro, 2025 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

Merecida vitoria do Perlío B nos Pinares. Na Segunda Futgal, Perlío B 3-1 Club Deportivo Narón. “Fomos superiores, sobre todo na primeira parte”, apunta o adestrador Gonzalo Beceiro. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Baixo o meu punto de vista foi unha vitoria moi merecida, o equipo estivo moi serio tanto en ataque como en defensa”, comenta o técnico do Perlío B, moi contento polos xogadores que “merecían unha segunda vitoria”. “Chegamos ao descanso con 2-0, eles erraron un penalti e na segunda parte tocou traballar máis en defensa”, sinala Gonzalo Beceiro.

Deportes

Publica o teu comentario agora