A recollida domiciliaria de voluminosos iníciase este mes

A recollida domiciliaria de voluminosos iníciase este mes

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Concellaría de Medio Ambiente de Arzúa anunciou que desenvolverá con carácter periódico a recollida a domicilio de voluminosos. Deste xeito, aqueles veciños de Arzúa que queiran desfacerse dalgún electrodoméstico inutilizado, de colchóns, sofás ou outros aparellos desta natureza, que non poden ser depositados no colector verde, van dispor

A recollida efectuarase no último luns dos meses impares, comezando este mesmo mes de marzo. As persoas que desexen facer uso deste servizo deben poñerse previamente en contacto coas oficinas do Concello no número 981 500 000, onde se lles explicará o funcionamento do servizo.

Ao igual que acontece co depósito dos plásticos agrícolas, tamén as persoas que o desexen poden levar voluminosos ao punto limpo nos días en que permanece aberto (luns, mércores, venres e sábados), sen necesidade de agardar a que llo recollan desde o servizo municipal.

Sociedade