Reconfortar ás persoas que se achegan ao seu destino final

Reconfortar ás persoas que se achegan ao seu destino final
11 de Abril, 2019 - 08:31 h. | Publicada por Radio Redondela

Acabadora de Michela Murgia. Un libro de vibrante actualidade traducido do italiano por Moisés Barcia e publicado por Rinoceronte Editora.. Anos 50. Unha pequena vila de Sardeña. Bonaria Urrai, unha costureira solitaria, adopta a Maria, cuarta filla dunha familia humilde. Maria aprenderá grazas a ela o esencial da vida. Como por exemplo, a reconfortar as persoas que se achegan ao seu destino final. Galardoada co prestixioso Premio Campiello, Acabadora de Michela Murgia, aborda a morte e a eutanasia dende un punto de vista diferente: o dunha cultura que sempre afrontou sen pudor esta parte da vida.

ESCOITA O PODCAST:
Acabadora de Murgia no club de lectura de Radiofusión

3 de abril de 2019. Ángel Hernández relanza a causa da eutanasia ao autoinculparse de axudar a morrer a María José Carrasco. Un home axuda á súa parella, con esclerose múltiple, a rematar coa súa vida. Convírtese no primeiro detido por ese motivo. Varios expertos critican o arresto, segundo informa o xornal El Pais.

No club de lectura de Radiofusión falamos co tradutor deste libro Moisés Barcia. Conversaron con él en Radio Redondela, Tatty Lavandeira, Lorena Otero e Henrique Sanfiz.

Cultura

Publica o teu comentario agora