Recupérase do golpe e do susto

Recupérase do golpe e do susto
24 de Xaneiro, 2022 - 12:54 h. | Publicada por Radio Fene

A porteira do Maniños Uxía Armenteros levou un golpe involuntario no transcurso do partido da Copa de fútbol sete feminino que se xogaba o sábado no campo do Beco en Cedeira diante do Discalzas. Despois do choque fortuito, quedou sen sentido no terreo de xogo e convulsionaba. Unha médico e unha enfermeira que se encontraban no campo iniciaron de maneira inmediata os traballos de reanimación. Unha ambulancia trasladouna xa con sentido a un centro hospitalario onde permaneceu ingresada na noite do sábado ao domingo. Realizáronlle as probas e non se detectaron máis consecuencias que as derivadas dun forte golpe. O unico importante é que Uxía está recuperandose na súa casa. Todo quedou nun susto, ,segundo o adestrador Carlos Gómez.

Fotografía Xan Xe

A xogadora do Discalzas golpeou co xeonllo na cabeza a Uxía de xeito involuntario. Foi un susto enorme para todo o mundo que estaba presente. Dúas profisionais da sanidade, unha xogadora e unha integrante do público, iniciaron a reanimación. Corría o minuto 11 da primeira parte do partido. Despois de levar o golpe na cabeza, quedou insconsciente e convulsionaba. Recuperou a consciencia pero estaba moi desorientada. Unha ambulancia trasladouna a un centro hospitalario de Ferrol. Estivo en observación ata o domingo. Agora ten dór na cabeza e no pescozo, as magulladuras despois de ter recibido un forte golpe. Todo o mundo quedou moi asustado. O árbitro e o adestrador do Discalzas xa se ofreceron para suspender o partido. Preocuparonse polo estado de Uxía ata coñecer a súa alta no centro hospitalario. O Cultural Maniños quere agradecer publicamente a actitude do Discalzas, das súas xogadoras, do seu adestrador e tamén ao árbitro. A xogadora Pili que foi a que lle deu de xeito involuntario o golpe é profisional da sanidade e atendeu inmediatamente a Uxía no terreo de xogo.

O Maniños feminino retomará esta semana os adestramentos porque o fin de semana volven ter outro partido. Terán que poñerse de acordo co Discalzas para buscar unha data para o partido. Nós tamén desexamos unha rápida e total recuperación para Uxía Armenteros, porteira do Cultural Maniños.

Fotografía: Xan Xe Corral

 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora