Recuperación de residuos metálicos nas Somozas

Recuperación de residuos metálicos nas Somozas

05 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha Planta de Recuperación de Residuos Metálicos única en Europa destinada á recuperación e valorización de residuos industriais procedentes da industria do aluminio comeza a funcionar nas Somozas (A Coruña). A nova instalación, na que se investiron 1,5 millóns de euros, permitirá recuperar e valorizar 15.000 toneladas ao ano de residuos perigosos da industria do aluminio que antes eran  tratados e enviados ao depósito de seg

A planta é resultado dun proxecto de I+D+i de SOGARISA     que foi levado a cabo por un equipo multidisciplinar galego de químicos e enxeñeiros e que se basea nun proceso de separación e recuperación dos distintos compoñentes do residuo: ferro, aluminio, grafito e material refractario.

A instalación componse tanto de sistemas mecánicos de trituración e cribado  como de equipos deseñados para segregar os diferentes metais que compoñen o residuo. Ademais, para controlar as emisións de po, a instalación está equipada cun sistema de filtración e de limpeza automática por aire.

A Planta de Recuperación de Metais é novamente resultado da aposta que SOGARISA vén facendo nos últimos anos pola valorización e recuperación da maior cantidade de residuo posible. Isto tradúcese nunha esixente política ambiental baseada nunha constante actualización das súas prácticas, a través da incorporación dos principais avances tecnolóxicos e a aplicación das novas concepcións do medio ambiente, que a sitúan á vangarda nun sector que está en permanente evolución.

Que é SOGARISA?
SOGARISA é a compañía líder no noroeste de España no tratamento e xestión de residuos industriais e unha das empresas do sector máis importantes do país. As súas modernas instalacións do municipio das Somozas permítenlle ofrecer un servizo rápido, completo e eficaz á medida das necesidades do sector industrial galego. Ademais, nos últimos anos, a compañía consolidouse como un dos referentes de España en recuperación e valorización de residuos, e reafirmado como experta en plans de emerxencia, ao ser capaz de crear a tecnoloxía necesaria para facer fronte a todo tipo de catástrofe ecolóxica, emerxencia ambiental ou química en calquera punto de España grazas a uns equipos móbiles que lle permiten realizar tratamentos in situ.

Sociedade