Recuperamos a beleza da natación sincronizada

A auga é un medio moi seguro para practicar este deporte
15 de Setembro, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Club Sincro Ferrol iniciou este mes de setembro as probas para o acceso ao club. Realízanse os sabados, de 13 a 14 horas na piscina de Caranza.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí á directiva María Permui e á adestradora do Sincro Ferrol, Naomi Piñeiro.

 

http://173.255.131.18/audio/140920PERMUI.mp3

O Club Sincro Ferrol retomou a súa actividade o 1 de setembro. Os primeiros días foro on line porque non había acceso ás instalación pero a semana pasada xa se entrenaron na piscina. O sábado pasado día 12 comezaron as probas de acceso ás que asistiron tres nenas e un neno. Continúan fadendo probas todos os sábados de 13 a 14 horas. Ata fin de mes non pode a directiva María Permui facilitar o número definitivo de matrícula. Pon por diante que no club Sincro Ferrol caben persoas desde os catro anos en diante ata a categoría senior. Afirma María Permui “A longo prazo non podemos facer plans. En principio seguimos o calendario co seu protocolo e ata onde nos deixen”.

“O único requisito para formar parte do club é saber nadas ou frotar na auga. A adestradora do Sincro Ferrol, Naomi Piñeiro, ten claro que as cualidades persoais para practicar a natación sincronizada vánse desenvolvendo a medida que pasan os meses e os anos. “Canto máis pequeñas mellor, afirma. Sen haber unha idade específica para empezar, é certo que canto máis maiores somos, máis difícil é”. Se por algo se caracteriza este deporte é pola esixencia de sacrificio que supón. Por iso o club non dubida en convidar ás nenas e nenos a que acudan a probar, mesmo durante o curso e, se non queren continuar, non pasa nada. A adestradora Naomi Piñeiro non é capaz de ver nada en contra deste deporte. “Todo son vantaxes. É un deporte moi completo”. E explica que ten partes de ximnasia rítmica, ballet, expresión corporal e traballa capacidades como a resistencia, elasticidade ou velocidade. Recoñece que desde fora se vexa como un deporte difícil porque sí é complexo e cun reto cada día para mellorar.

Durante o confinamento as monitoras traballaron desinteresadamente coas rapazas para manter o contacto e a forma física na medida do posible con adestramentos en seco a través dunha plataforma dixital. “Aínda así algunas nenas deronse de baixa” pero unha vez que retomamos a actividade, como se non pasara nada” explica María Permui, Non sabe se poderán competir a nivel autómico e nacional como viñan facendo antes da pandemia, pero seguirán adestrando para volver con forza. A adestradora defende que a auga é un espazo moi seguro para convivir coa Covid19. É un deporte colectivo pero ao mesmo tempo permite adestramento individual cunha ratio de 10 nenas por rúa. Ademais asegura que “son moi responsables”.

Deportes

Publica o teu comentario agora