Recuperan dous cadáveres nunha fosa séptica en Culleredo

Recuperan dous cadáveres nunha fosa séptica en Culleredo

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Dous cadáveres de dous varóns foron rescatados esta madrugada da fosa séptica dunha vivenda de Fonteculler, en Culleredo (A Coruña), informaron fontes de Urxencias 112 e dos bombeiros de Arteixo. A Garda Civil acudiu ao lugar cun home esposado que asistiu en todo momento aos labores de búsqueda, acompañado do seu avogado. Os corpos poderían pertencer a dous xoves desaparecidos recentemente na Coruña.

Unha investigación xudicial levou aos efectivos da policía a informar a última hora da noite aos bombeiros de que se ía a proceder ao rescate, polo que catro efectivos saíron cara ao punto, ubicado nunha casa deshabitada da Rúa Autonomía de Fonteculler.

Dous bombeiros baixaron ao pozo para extraer os corpos sobre as dúas da mañá, que foron trasladados ao Hospital da Coruña para realizarlles a autopsia. O titular do xulgado de garda decretou o segredo do sumario.

 

O homicidio de Fonteculler

O suceso desta madrugada trae á memoria o caso do presbítero Liborio Coco Moronte, de 28 anos, párroco da igrexa de Santa Lucía da Coruña, que matou á súa amante Pilar Sanjurjo e Ruiz de Luzuriaga na casa de Bernardo Rumbo en Fonteculler (Culleredo) o 12 de decembro de 1917. O crego e a rapaza mantiñan unha historia de amor nunha pensión de Culleredo segundo se puido testificar polas numerosas cartas que se enviaban. A Audiencia Provincial da Coruña considerou probado que Liborio causou a morte de Pilar cunha pistola, pero o absolveu ao estimar diferentes atenuantes.

 

Sociedade