Recuperar a confianza

Recuperar a confianza
25 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non se dá sacudido a mala sorte o Cultural Maniños feminino. O domingo perdeu coas coruñesas do Orillamar no campo do Pote. 1-3 quedou o marcador. Analizamos o partido co adestrador, Xurxo Rodríguez.

ESCOITA O PODCAST:

Lamenta tanta mala sorte o preparador do Maniños, especialmente a que tiveron as rivais cos dous últimos goles. Comezou marcando o Orillamar, empatou o Maniños cun gol de Lorena, pero as coruñesas tiveron a sorte do seu lado. Bateron a portería do Cultural outras dúas veces e levaron os tres puntos. A vindeira fin de semana tócalle descansar ao Maniños e procurará recuperar folgos para tentar saír da zona de perigo do seu grupo na Segunda División Galega. 

Deportes

Publica o teu comentario agora