Recuperar a forma física

Recuperar a forma física
24 de Marzo, 2021 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

A recuperación da forma física centrou o adestramento esta mañá do Racing de Ferrol no campo do Pote de Maniños. O equipo técnico continuará mañá na mesma liña, intentando recuperar a Fernando Pumar, Quique Forons e Yeferson Quintana. Cristóbal recuperará ao colombiano Peñaloza tras cumprir o seu partido de sanción.

Racing de Ferrol en Maniños

As dez e media da mañá chegaron ao campo do Pote de Maniños. O Racing de Ferrol comezou xa a trotar no céspede artificial desa parroquia de Fene. Elixiron O Pote, porque a superficie deste terreo de xogo é idéntica á do campo de fútbol do Unionistas de Salamanca, onde o equipo ferrolán xogará un encontro crucial este domingo ás doce do mediodía. O Racing adestra hoxe e tamén mañá xoves. No partido do domingo o Racing necesita lograr  unha vitoria para ter algunha posibilidade de meterse entre os tres primeiros do subgrupo A. Así gañaría o dereito a participar na promoción de ascenso á Segunda División de fútbol. O adestrador Cristobal Parralo agarda que o Racing recupere en Maniños o ton físico, tras os once dias de corentena sufridos polo COVID 19. O Racing de Ferrol comezou xa esta mañá a adestrar en Maniños.

Deportes

Publica o teu comentario agora