Recuperar xuntanzas familiares

Recuperar xuntanzas familiares
27 de Maio, 2021 - 10:25 h. | Publicada por Radio Fene

“Botamos en falta as xuntanzas familiares dos domingos. Non dou asimilado que non nos poidamos reunir con irmáns e cuñados” afirmou a veciña de Fene Pilar Freijomil no programa “Fene na memoria”.  “Por precaución deixamos esas reunións, e levamos ano e pico sen xuntarnos os domingos, e agora que ven o bo tempo, aínda que sexa fora, queremos volver canto antes con esas comidas”. Se non séguelle parecendo toda a semana igual, sen que haxa diferenzas entre un mércores e un domingo. 

ESCOITA O PODCAST:
Pilar Freijomil

Do confinamento Pilar Freijomil en conversa co psicólogo Jaime Lendoiro e coa coordinadora de "Tardes activas" María Xosé Paz, indicaba que o peor que levou foi precisamente que, ao non haber as reunións familiares dos domingos, que toda a semana fora monótona. Xa empezamos este mes co curso de encaixe de bolillos no CPS de San Valentin. Como somos pouquiñas podemos gardar medidas de seguridade e distanciamento. Hai máis dun ano, Pilar Freijomil colaborou facendo máscaras nos primeiros momentos do estado de alarma. “Axudounos moito Protección Civil que nos facilitaba gomas, porque non había”. “Ata maio ou comezos de xuño, adiqueime polas tardes a facer máscaras” salienta Pilar. 
Fene na memoria, un espazo de Radio Fene que se realiza en directo todos os martes ás 11,30 h. no 107.7 FM en colaboración cos Servizos Sociais. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora