ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Comeza na ría de Ferrol a fase de traballo de campo do proxecto ZAMFER. Un equipo de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas está a acompañar aos técnicos das confrarías da ría de Ferrol nas mostraxes para estimar a densidade de poboación do banco de zamburiñas na ría, co fin de analizar os rangos de talla e a estrutura de poboación da especie.

En marcha un proxecto de investigación sobre a zamburiña. O fin é elaborar un plan de manexo específico para as poboacións da especie na ría que alberga actualmente o único banco natural explotable de zamburiña en Galicia, o que a converte nun enclave estratéxico tanto desde o punto de vista ecolóxico como socioeconómico. O proxecto xorde nun momento especialmente delicado para a especie. Porque tras varios anos de estabilidade nas capturas, en 2024 rexistrouse un episodio de elevada mortalidade que reduciu drasticamente a poboación,poñendo en risco a súa viabilidade futura e a continuidade da actividade extractiva asociada. O Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas levará a cabo este estudo durante dous anos na ría, en colaboración coas confrarías de pescadores de Barallobre, Ferrol e Mugardos.
Publica o teu comentario agora