A rede de R exténdese e xa chega a 1.500 fogares de Mugardos

A rede de R exténdese e xa chega a 1.500 fogares de Mugardos

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, Arturo Dopico, conselleiro delegado de R e máis Julio Sánchez Agrelo, director da división de rede do operador galego, explicaron esta mañá os detalles do acordo de despregamento da rede de R nesta localidade coruñesa, que dende finais de 2008 xa recibe os servizos de R. Des

R prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbilR a preto de 1.500 fogares e locais empresariais de Mugardos. Cun investimento aproximado de 1,23 millóns de euros, R xa completou unha primeira fase das tarefas de despregamento de rede no núcleo urbano e proximamente está previsto acometer as obras na urbanización Pazo das Condesas, unha vez obtidos os permisos necesarios para comezar a obra civil. Teranse despregado, entón, 3 quilómetros e medio de fibra óptica e uns dous e medio de canalizacións. Ademais instalarase unha cabina telefónica de R na rúa Rosalía de Castro (zona do parque) e outra na Avenida de Galicia esquina rúa Cotellón, para abrir por vez primeira en Mugardos o servizo da telefonía pública á libre competencia.

 

Modernización coa fibra óptica

 

A posta en marcha do proxecto de R en Mugardos apoiouse na plena disposición e colaboración do concello desta localidade coruñesa que, dende o inicio, manifestou o seu interese por situar a súa poboación ao máis alto nivel en canto á dotación das infraestruturas tecnolóxicas, así como por facilitarlles aos seus cidadáns o acceso a todos os servizos da Sociedade da Información. O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, dixo que "como alcalde é unha satisfacción que os veciños e veciñas e as empresas de Mugardos poidan gozar dun servizo de telecomunicacións de última xeración e que sexa unha empresa galega e comprometida co país como R a que o leve adiante".

 

Segundo o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico, "R está a facer un esforzo por materializar o seu compromiso con Galicia e estender ao máximo número posible de cidadáns a infraestrutura de telecomunicacións máis avanzada a nivel mundial. Por iso, para nós é fundamental contar coa colaboración das administracións locais, como é o caso do Concello de Mugardos, de xeito que poidamos poñer a disposición de todos os galegos os novos servizos da Sociedade da Información".

 

Máis velocidade e móbilR

 

Grazas á nova e potente rede de fibra óptica que R está construíndo, rúa a rúa, os habitantes de Mugardos disporán de chamadas gratis a todos os fixos estatais e de internet de alta velocidade constante por fibra óptica, que ten duplicado para todos os clientes dende o ano pasado (ata 12 megas). Ademais, o servizo de televisión dixital interactiva de R ofrece calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica, máis de 80 canles, guía e miniguía electrónicas de programación e múltiples posibilidades de interactividade. E vén de cumprirse un ano do lanzamento do servizo de móbil R, integrado na oferta de telecomunicacións do operador galego. Asemade R é pioneiro no mercado do móbil ao comezar a ofrecer chamadas gratis a móbiles de calquera operador dende o teléfono fixo para todos os seus clientes de televisión dixital e gratis a móbiles R para todos os seus clientes.

 

R na provincia da Coruña

 

Ademais de Mugardos, en 2008 R conectou á súa rede 10 novas localidades da provincia da Coruña, que xa gozan dos servizos de internet de alta velocidade, telefonía fixa, televisión dixital multicanle e móbilR. Trátase de Arzúa, Negreira, Brión, Neda, Noia, Rianxo, Padrón, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Melide. Deste xeito, 25.200 novos fogares e negocios na provincia estarán en disposición de recibir os servizos de R, para o que se terán investidos uns 19,6 millóns de euros cando remate totalmente o despregamento da rede nestas localidades. As devanditas poboacións únense así a outras que xa forman parte da rede de fibra óptica dende hai tempo como son Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada, Arteixo, Betanzos, Bergondo, Narón, Ames, Teo, Carballo, Oroso, Fene, Miño, Laracha, Ordes, Cedeira, As Pontes, Ribeira, Pontedeume e Boiro.

Ademais, durante 2009 a empresa galega ten intención de dar servizo na Pobra do Caramiñal, Ares, Cabanas, Vimianzo e Carral e chegar, desta maneira, a 10.000 novos fogares e locais empresariais. O investimento destinado á extensión de rede na
Coruña nestes cinco concellos mencionados ascende a 6,6 millóns de euros.

 

Apoio da Consellería de Industria

 

O operador galego, tras despregar a súa rede nas principais cidades, onde a cobertura dos núcleos urbanos xa é case total, está a acometer o desenvolvemento da súa moderna infraestrutura noutras localidades. A conexión do Concello de Mugardos á rede troncal de fibra óptica de R enmárcase dentro do acordo asinado entre R e a Consellería de Industria da Xunta de Galicia para que a banda ancha chegue a toda a xeografía galega. Deste xeito, a Consellería está logrando que se implanten novas e capaces redes de telecomunicacións nos núcleos rurais e comarcais da nosa comunidade e que se fomente o uso das Tecnoloxías da Información.

Sociedade