Redes de evasión

Redes de evasión
18 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Federación de Guerrillas Galicia-León cumpre 80 anos. O historiador coruñés Dionisio Pereira destaca a importancia das redes de evasión da guerrilla antifranquista e os aparellos de fronteira na raia galaico-portuguesa.

 

ESCOITA O PODCAST:

“As redes de evasión primeiro se fixeron de maneira improvisada. Salvaron moitas vidas. Non só foron utilizadas pola propia guerrilla senón que a propia guerrilla as puxo a disposición de perseguidos políticos de diferente ideario e dos seus familiares. Tiveron tamén unha importancia grande á hora de ver as súas limitacións”, explica o tamén economista Dionisio Pereira en Radiofusión. A conformación da Federación de Guerrillas naceu “como unha necesidade de fortalecer aos grupos guerrilleiros cunha estruturación territorial máis ampla”.

Na imaxe, o historiador coruñés Dionisio Pereira.

Sociedade

Publica o teu comentario agora