Redes sociais e sexo

Redes sociais e sexo
26 de Maio, 2025 - 10:45 h. | Publicada por Radio Fene

As persoas menores adquiren unha hipersexualización polo uso e influencia das redes sociais, indica a formadora do Plan Director Sara Rodriguez.  Sara Rodriguez imparteu en Fene unha sesión dentro do programa Mais que un teito para familias de Fene, Mugardos e Neda. A formadora insistiu na necesidade de concienciarse en contra da violencia de xénero, dos discursos de odio e a favor dunha boa convivencia nos centros educativos.

 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Sara Rodriguez e María Xosé Paz sobre a influencia das redes sociais na sexualidade da rapazada:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/260525RODRIGUEZ.mp3

Sara Rodriguez e María Xosé Paz en Radio Fene

A formadora alertou do aumento das enfermdades de transmisión sexual e as repercusións na saúde mental da mala utilización das novas tecnoloxias. Insistiu na necesidade de manexar unha información obxectiva e veraz para acompañar á rapazada e axudalos a adoptar decisións autónomas e responsabeis en beneficio propio e social. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora