As redes sociais son xardíns privados, non prazas públicas

As redes sociais son xardíns privados, non prazas públicas
10 de Abril, 2026 - 08:50 h. | Publicada por Radiofusión

As redes son xardíns  privados, non prazas públicas. Teñen liña editorial e intereses comerciais propios. Posuen equipos de psicoloxia que deseñan o seu caracter adictivo con consecuencias negativas para a saúde das persoas usuarias. Ademais o algoritmo activa, privilexia e difunde o extremismo, a bronca e as falsas mensaxes porque iso xenera tráfico. 

ESCOITA O PODCAST:

Preme aquí para escoitar o podcast "Vellas novas" sobre redes sociais:ç

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/100426ROMERO.mp3

Fotografia Xan Xe

Anxos García Fonte falou dos primeiros momentos das redes. Facebook creouse en 2004 como unha rede universitaria. Ofreciase como un produto de balde, algo que ten perigo, porque cando non pagas por algo, o produto eres ti. 

Fronte a iso estruturase o fediverso, con comunidades pequenas que se interrelacionan con software libre. Non teñen algoritmo oculto, nin se mercan nin se venden, non hai adictividade nin polémicas infladas artificialmente. De todo iso falaron na tertulia “Vellas novas”, Carme Romero, Anxos García Fonte, Manuel do Val, Henrique Sanfiz e Emilio Romero.

 

Imaxe de Carme Romero, fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora