ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Para a meirande parte dos expertos a pesca de arrastre produce un impacto ecolóxico significativo, que degrada os ecosistemas mariños e afecta a especies vulnerables.

E é que, ao carecer de selectividade, leva a captura incidental de moitas especies mariñas, non só peixes, senón corais, algas, plantas, mesmo pedras e lixo, contribuíndo á diminución da biodiversidade mariña. Ademais a actividade de arrastre supón unha significativa porcentaxe das emisións de CO2 que se producen nas actividades industriais marítimas.
Neste contexto preocupante entra en xogo a Universidade da Coruña e tamén a investigación. Imos coñecer ao doutorando Francisco Bottero quen da man do seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), que traballan no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC); ambos desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre, o que contribuirá á redución dos problemas máis relevantes deste tipo de extracción pesqueira.
A investigación científica pode contribuír, como neste caso, a proporcionan novas ferramentas que poden axudar ao sector pesqueiro a mellorar as súas prácticas e avanzar cara a unha xestión máis eficiente e sostible dos recursos mariños.
Imaxen: UDC
Publica o teu comentario agora