Redondela en curto entre o 22 e o 25 de abril

Redondela en curto entre o 22 e o 25 de abril

16 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

300 traballos compiten no Festival Redondela en curto. As cintas remitidas deben agora superar diferentes peneiras ata quedar reducida a selección final a un total de 16 curtas, que serán as que se proxecten no Multiusos entre os días  22 e 25 de abril.

Rematado xa o prazo de recepción de traballos, os organizadores esperan ter seleccionadas canto antes as 16 curtas que serán proxectadas nos catro días do festival aínda que o traballo é longo debido a que se realizan varias cribas eliminatorias para seleccionar as mellores cintas.

En canto á procedencia, son sobre todo traballos asinados por directores madrileños e cataláns, sendo poucas as curtas feitas en Galicia, segundo nos explicaba o director do festival Cuchi Carreira

E unha vez máis, os argumentos presentan en poucos minutos temas dramáticos, a pesar de que está demostrado que son as comedias as que máis predicamento teñen entre o público como o demostra que ata o de agora foran títulos como "Por que hay cosas que nunca se olvidan" ou "Temporada 92-93" as vencedoras de edicións anteriores.

O VI edición do festival desenvolverase entre os días 22 e 25 de abril retomando a súa duración inicial de catro días.

 

Cultura