ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“En galego, é de xustiza” era o lema dunha campaña desenvolvida hai anos para normalizar o uso da lingua propia na administración de Xustiza. Por máis memorable que sexa esa mensaxe, o certo é que a eficacia desa propaganda non foi moita. Ao igual que acontece noutros eidos da vida cotiá, o galego é un idioma minorizado en todo o que ten a ver cos asuntos da lei, o seu ordenamento e a súa aplicación. É por iso
Os actos commemorativos, impulsados pola asociación Galeguizar Galicia e a Irmandade Xurídica Galega, comezarán ás sete e media deste serán co descubrimento dunha placa conmemorativa do fito no pazo consistorial redondelán. A seguir, no Multiusos da Xunqueira, desenvolverase un acto académico durante o que varios avogados manifestarán o seu compromiso para o uso cotiá do idioma galego no seu desempeño. O promotor das actividades, Xosé González, funcionario de Xustiza, apela á "corresponsabilidade social" para defendermos a vixencia da lingua propia en todas as nosas relacións coa administración.