ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O concelleiro de medio ambiente, Carlos Pazos, explicou que o proxecto inicial prevía unha aportación por parte da administración local do 15%. No caso de que Augas de Galicia responda afirmativamente á petición do Concello, as arcas municipais aforraranse 170.000. O edil argumentaba a urxencia do acordo para axilizar os trámites antes da chegada do novo goberno á Xunta.
O populares, malia entender a importancia da obra, recriminaron ao goberno local que se lles convocase con menos de 24 horas de antelación. Cualificaban o procedemento de “ilegal e inmoral, xa que foron convocados ás dúas do mediodía de onte cando o escrito de Augas de Galicia está no concello dende outubro do pasado ano” segundo explicou o edil Alberto Pazos.
Dende o PSOE, Emilio González Iglesias, cualificaba a obra de “imprescindible a curto prazo para os veciños”.