ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Neste episodio de “Empeza por ti” imos analizar con vós a necesidade de introducir a Igualdade de Xénero nas políticas dos Estados como un elemento transversal.
A igualdade de xénero non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible. As mulleres e nenas constitúen a metade da poboación mundial e, por tanto, tamén a metade do seu potencial. Pero esta situación de equidade poboacional non se traduce en equidade no mundo laboral, onde a presenza das mulleres tivo que loitarse duramente. Así nolo contan Susana González e Isabel Tomé, da Organización Feminista Buserana da Costa da Morte.
De media, as mulleres seguen a gañar un 23% menos que os homes no mercado laboral mundial e dedican o triplo de horas ao traballo doméstico e de coidados non remunerado que os homes, aínda que algo se ten avanzado, nunca o suficiente.
A repartición desigual do traballo doméstico e de coidados non remunerado e a dificultade de conciliación da vida laboral e familiar segue a ser un dos grandes cabalos de batalla do feminismo, que segue a reivindicar a necesidade de ter en conta conceptos como corresponsabilidade, conciliación e reparto dos coidados.
Todas estas desigualdades víronse agravadas pola pandemia da COVID-19; aumentaron as denuncias por violencia sexual, as mulleres asumiron máis traballo de coidados debido ao peche de escolas, e o 70% do persoal sanitario e social do mundo son mulleres.
A igualdade de xénero é un obxectivo transversal e debe ser un elemento crave nas políticas, orzamentos e institucións nacionais, porque avanzar na igualdade de xénero é fundamental para crear unha sociedade san en todos os seus ámbitos, desde a redución da pobreza ata a promoción da saúde, a educación, a protección e o benestar de nenas e nenos.
Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora