ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os nacionalistas cualifican a visita de Fernandez de la Vega de “improcedente e electoralista”. A vicepresidenta do Goberno visitará mañá mércores Redondela para inaugurar as obras da tuneladora no Val do Maceiras. Dende o BNG local critícase que De La Vega se desprace a Redondela en pre-campaña electoral a inaugurar unha obras que están a causar moitos inconvintes aos veciños de San Estevo e en xeral a todo o concello, xa que en m&
O voceiro nacionalista, Carlos Pazos, lembra que sobre estes traballos pesan ademais denuncias veciñais pola realización de diferentes actuacións, como o pintado da tuneladora, en horario nocturno cos conseguintes problemas de ruído. Por este motivo reclama compensacións ao Ministerio de Fomento e insiste en que a “preocupación do goberno debería centrarse en evitar as afeccións negativas das obras e rematalas canto antes e non en inaugurar a posta de largo da tuneladora”.
Nos últimos días os traballos que se están a realizar en San Estevo de Negros consisten en construir manualmente un oco de 40 metros que permitirá embocar a xigantesca máquina. Unha vez comece a traballar a tuneladora, prevese que no prazo de dezaseis meses estean construidos os oito quilómetros de subterráneo do Ave entre Redondela e Vigo. As estimacións son que a tuneladora avance a un ritmo de cincocentos metros por mes. Está previsto que a Vicepresidenta chegue ao Val do Maceiras ás 11:30 horas de mañá mércores.