ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
50 anos non son nada. Isto é o que pensan os nados no 1959 en fene que xuntaranse nunha cea baile . Unha xuntanza que se celebrará o sábado 10 de outubro no Círculo Mercantil e Industrial de Fene. Unha cea de confraternidade para reencontarse cos vellos amigos, compartir experiencias, falar das súas vidas e sobre todo, pasalo ben.
O casino Fene acollerá o sábado 10 de outubro, ás dez da noite, unha cea-baile especial. Daranse cita moitos feneses e fenesas que naceron no ano 59 e que cunpren este ano un aniversario importante, os 50 anos, as bodas de ouro.
Unha idea que xurde entre un grupo de amigos que están a enviar invitacións aos seus coetáneos de Fene. Ata o momento apuntáronse 30 persoas pero os organizadores agardan que esta cifra aumente. Ademáis das invitacións, hai carteis distribuidos polo concello dando conta deste evento pero é o boca a boca o que está a resultar máis eficaz.
Contan tamén cunha lista dos nados en Fene hai 50 anos pero moitos deles viven fóra. Por este motivo a xuntanza farase o sábado 10, ponte do Pilar para facilitar a estas persoas a súa asistencia.
A cea constará de entrantes, carne asada, postre, viño, café e licores e sobre todo de moita festa asegura de Machuco. Carlos rei arrufará a velada. Os interesados deberán anotarse antes do martes 29 de setembro ben no círculo de Fene ou chamando aos teléfonos 981 342 954 ou ao 669 678 367.
A cita coa quinta do 59 é o sábado dez de outubro, ás dez da noite no casino de Fene .