ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O salón de sesións do Concello de Fene acolleu o acto protocolario da sinatura de contratos das 10 persoas desempregadas que este ano se beneficiarán dos programas PEL Reactiva Concellos, da Deputación, e APROL Rural, da xunta de Galicia. Dentro do programa provincial xa están traballando na área de Servizos un total de 7 peóns e peoas de obras, ademais dunha auxiliar de biblioteca. No programa autonómico tamén empezaron hai meses dous operarios para labores de mantemento forestal. O Concello de Fene percibirá algo máis de 151.000 euros para cofinanciar os dous programas de emprego
O concello de Fene ofertou oito contratos a xornada completa durante un período de 5 meses. Case todos son para reforzar a área de Obras e Servizos até finais deste ano, desenvolvendo labores de conservación en espazos municipais -mantementos e pequenas obras- ou nos servizos de recollida do lixo e limpeza. Ademais, tamén se incorporou unha auxiliar á biblioteca municipal. A relación laboral co Concello prolongarase até o 31 de decembro deste ano. Tamén se contratou a dous operarios para a prevención de incendios forestais. Neste caso a duración será de 9 meses a xornada completa. Este ano, e de cara a axilizar os procesos de contratación, o Concello efectuou a selección mediante concurso-oposición a partir dunha relación de aspirantes facilitados polo Servizo de Emprego Público de Galicia, en todos os casos persoas en situación de desemprego que cumprían coas bases de cada un dos dous programas. O alcalde, Juventino Trigo, e a concelleira de Formación e Emprego, Cristina García, lles deron a benvida ás traballadoras e traballadores que desempeñarán as súas funcións como persoal temporal do Concello durante os próximos meses
Publica o teu comentario agora