Reflexión coa arte sobre a historia

Reflexión coa arte sobre a historia

03 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A arte como elemento propiciatoria dunha reflexión histórica. A Sala X de Pontevedra propón un diálogo arredor das vítimas da represión franquista. Marta Prieto e Jorge Varela protagonizan unha exposición na que actua como comisaria Monse Cea.

O dia cinco de Xuño inaugúrase a exposición Nível Fértil, vixente até o 18 de Agosto. Monse Cea comisaría unha pequena achega dende a arte, á memoria soterrada da represión franquista na Galiza. A pontevedresa Sala X será o espazo encarregado de desenvolver os traballos de Marta Prieto e Jorge Varela. A exposición está organizada pola Sala X, sala de exposicións da facultade de Belas Artes, e producida polo Vicerreitorado do Campus de Pontevedra - Universidade de Vigo.

A mostra non se presenta como o clásico formato de diálogo, senón como dúas reflexións individuais reunidas baixo o mesmo discurso da comisaria, quen nos convida a repensar a historia oficial e mutilada que se nos fai chegar. As artistas son integradas en Nível Fértil para crear unha narración breve mais densa na súa significación, onde se aborda o asunto da memoria dende unha dupla preocupación, confluindo así visións persoais e descarnadas xunto con un profundo estudo de investigación histórica.

É imprescindíbel salientar o perfil das artistas, como ponto lexitimador e clarificador. Xa que logo, alén da capacidade analizadora que lle é connatural a uma artista, as circustancias particulares destas creadoras deveñen nunha visión comprometida e fonda como vítimas, directas ou indirectas, dunha historia, persoal e natural, coutada pola represión franquista: Prieto como neta de represaliado e Varela como investigador e historiador.

Máis unha vez, comprobamos a forza do elemento artístico, ponto de partida clásico para teimar na cuestión humana e histórica, política finalmente.

Sociedade