Reflexión transformada en acción

Reflexión transformada en acción
24 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe en Onda ODS falamos dunha exposición que non deixou indiferente a ninguén tralo seu paso pola Coruña e Ferrol. 49 Razóns: arte e moda para un futuro sostible é o nome deste orixinal proxecto impulsado pola economista, deseñadora e artista coruñesa, Beatriz Clara.

ESCOITA O PODCAST:

Ademais de poñer en valor o arte, este traballo trata de concienciar sobre a contaminación da industria da moda, xa que a nosa saúde tamén se pode ver perxudicada polo impacto téxtil. 49 Razóns suma arte, moda e conciencia cun triplo obxectivo: artístico, ecolóxico e educativo. Cada unha das camisas vai acompañada dunha interpretación fotográfica e ten unha etiqueta cun código QR dende o que se pode acceder a toda a información sobre cada creador ou creadora xunto coa súa reflexión persoal. Na exposición hai, ademais, imaxes con textos que fan referencia ao impacto da industria da moda no ecosistema e sobre a capacidade de influencia que temos de forma individual para cambiar as cousas. 49 Razóns é unha reflexión transformada en acción fronte ao actual consumo desmesurado.

Sociedade

Publica o teu comentario agora