A reforma da negociación colectiva, o enésimo ataque contra a clase traballadora, apunta a CIG

A reforma da negociación colectiva, o enésimo ataque contra a clase traballadora, apunta a CIG

10 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Á mesma hora que o Consello de Ministros aprobaba a reforma da negociación colectiva, a Executival Comarcal da CIG de Ferrol concentrábase en contra desta medida diante do edificio da Xunta de Galicia da cidade departamental. Os representantes sindicais rexeitaban así esta nova reforma do “sistema capitalista” do goberno central que se suma á reforma laboral, das pensións, ao pacto de contención salarial ou aos recortes para reducir

A Confederación Sindical Galega, critica duramente ao Goberno do Estado por seguir os dictames do capital. Denuncian o recurte que está a sofrir a clase traballadora, facendo recaer o custo da crise actual sobre as costas dos obreiros/as. Atácase unha ferramenta fundamental para o proletariado como é a negociación colectiva, declarou o secretario comarcal da CIG en Ferrolterra, Manuel Grandal, co que se dota maior poder á patronal e diminuese a loita obreira nos conflictos colectivos entroutros aspectos.

Grandal agoira maior precariedade laboral, o incremento do desemprego e unha xuventude sen futuro.

Os xóvenes foron tamén protagonistas da concentración da CIG. Estudantes e pais de alumnos do IES Ferrolterra manifestábanse contra o Proxecto de Decreto da Xunta polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional e a fusión de centros educativos. No caso do IES Ferrolterra, os alumnos da ESO e o Bacharelato vénse obrigados a matricularse no Institiuto Sofía Casanova.

Os pais amosábanse indignados pola desinformación ao respecto e a falla de apoio dos profesores . Pais e fillos están dispostos a loitar contra o que cualifican de “tomadura de pelo”. Os pais alí concentrados fixeron un chamamento para que o profesorado, alumnos e os demais pais acudan todos os días ás 8:30 da mañá para manifestarse diante do centro.

Sociedade