Reforma dos vestiarios

Reforma dos vestiarios
27 de Agosto, 2019 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

As obras de mantemento e reforma dos vestiarios finalizaron no campo de fútbol de Os Pinares, en Perlío. Os traballos supuxeron un investimento de 47.672,62 euros, segundo informa o alcalde de Fene Gumersindo Galego.

Vestiarios do campo dos Pinares en Perlío

A intervención permitiu resolver as deficiencias das instalación, que supoñían un problema para os usuarios. Unha das novidades dos traballos é que se dota a instalación dun vestiario feminino, unha vez que existen equipos de fútbol mixto en categorías de base que empregan estas dependencias sen que ata a data se ofrecera un espazo específico para rapazas. Os traballos efectuados eliminaron o xeso como material nos  vestiarios, por non ser axeitado para este tipo de instalacións nas que a presenza de vapor de auga é elevada. Ademais, tabicáronse novos aseos, accesibles para persoas con discapacidade; e tamén se mellorou a conexión eléctrica.

Deportes

Publica o teu comentario agora