ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A calor pode poñer en perigo ás nosas mascotas. Os cans sofren moitísimo os aumentos de temperaturas, advertía esta mañá en Radio Fene a veterinaria etóloga Noemí Graña. Nunca debemos deixalos no coche coas ventás pechadas.
"As temperaturas son letais”. Hai que evitar as horas de máxima calor para os paseos. O de media tarde, en todo caso, debe ser por algún lugar onde se poida refrescar. Darlles moita auga. É outra recomendación de Noemí que tamén nos comentou que hai camas de cans que se refrixeran. Ademais, tanto para cans como para gatos, pódense botar xeo na auga do bebedeiro que os refrescará e ata lles servirá como xogo. Outra idea que dá Noemí é facerlles xeados, a base de froitas, como mazás, plátanos ou sandía.
Publica o teu comentario agora