Regina Touceda escolleu Sillobre

Regina Touceda escolleu Sillobre
26 de Novembro, 2024 - 11:00 h. | Publicada por Radiofusión

 O Concello de Fene adicará bancos ás mulleres gañadoras do Premio de Poesía Pérez Parallé nos ultimos anos. A escritora Regina Touceda escolleu un banco situado no Parque do Souto en Sillobre. Naceu en Cuntis en 1999. Graduada en Filoloxía Galega, cursa na actualidade un mestrado na Universidade da Coruña. Regina escribiu o libro “Deriva” con dezanove anos. Gañou o Parallé en 2019. Era un punto de partida e foi bastante sorprendente para ela recibir o premio. Dez mulleres escritoras gañadoras do Premio Parallé de poesía terán o seu banco adicado polas parroquias do término municipal de Fene. 

Fotografía Xan Xe

Tamén seleccionaron ubicación Sara Plaza, Marisol Gándara e Gisele Mato.  Miriam Ferradáns, Lorena Souto, María Rosendo, Susana Sánchez Arins e Xiana Arias Rego escollerán proximamente o seu banco. Trátase dunha iniciativa do Concello de Fene pola igualdade para re-significar e ampliar o Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre inaugurado en 1934. Alí hai bancos adicados a once homes e unha muller do mundo da literatura. Agora quérese equilibrar esa circunstancia homenaxeando tamén a mulleres escritoras. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora