Regreso ás aulas no IES Fene

Regreso ás aulas no IES Fene

12 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A animosa e dilixente profesora Loly Lago coordina o club de lectura dos pais e nais do IES de Fene (A Coruña). A iniciativa permitiu que máis dunha ducia de proxenitores volveran acudir ás aulas e a algún xeito de disciplina educativa. A pedagoxia céntrase na lectura e levan como deberes para a casa neste mes de Nadal, o libro de Marcos Calveiro "Settecento" e máis o volume de Maria Dueñas "El tiempo entre costuras".

O intrigante e vertixinoso relato de Calveiro permítelles adentrarse nunha temática insólita na literatura galega. Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova ópera na Venecia do ano 1739. Quizais sexa a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago.

O "best seller" de María Dueñas achéganos a Tánger na década dos anos trinta. Instalaráse nunha cidade mundana, exótica e vibrante onde a traición e o abandono poden convertirse en realidade. A crítica afirma que a novela rezuma unha prosa espléndida.

Sociedade