ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Son os reis do verán. Así describe a experta en viaxes Rut Ojea, da axencia de viaxes de Fene Organiza Viaxes, a atracción que exercen sobre o turismo as illas Canarias. Falamos con ela no espazo Bulebule de Radio Fene sobre os atractivos de Gran Canaria. Un destino apropiado ara todo o mundo, familias, parellas, xubilados… Goza dunha temperatura regular de 22º-25º e ten todo tipo de ambientes. Para quen queira praia, festa ou facer sendeirismo. E algo que pode sorprender, tamén hai moito verde
As dunas de Maspalomas son un sitio para visitar. Se queremos tranquilidade, Rut recomenda a zona de Mogán, de Amadores. A praia do Inglés para quen queira máis barullo. A illa ten hoteis boísimos. Tamén oferta de apartamentos. Hai voos directos a Gran Canaria desde Santiago e o prezo dunha semana alí pode saír por arredor de 700 euros. Falando de vacacións, nas últimas semanas freouse un pouco a demanda de viaxes des que foron convocadas as eleccións para o 23 de xullo. Iso sí, as persoas que teñan reservado viaxe antes de saberse que había eleccións quedarán exentas de formar parte das mesas electorais.
Publica o teu comentario agora