Reis viaxeiros

Reis viaxeiros
03 de Xaneiro, 2023 - 01:19 h. | Publicada por Radio Fene

Os Reis Magos tamén regalan viaxes. Hai quen aproveita as vacacións de Nadal para visitar os tradicionais mercados en cidades europeas. Outras persoas fan unha escapada a Portugal. As luces de Vigo e Allariz, tamén son un reclamo igual que os balnearios. E as responsables da axencia de viaxes de Fene Organiza Viajes gozan cando lles toca facer o papel de paxes reais.

ESCOITA O PODCAST:

Volveron as ganas de viaxar, tamén as viaxes de empresa e as excursións de estudantes. “Este é o ano do carpe diem, como di unha clienta nosa, moita xente que non puido viaxar pola pandemia este ano colleuno con moitísimas ganas”, asegura Ruth Ojea. A pandemia “serviunos para aprender que a vida hai que gozala”, apunta Rebeca García. E non é o único que mudou. “Estamos notando moitísimo antelación nas reservas, desde novembro ou decembro xa hai reservas para Semana Santa ou verán, cambiou un pouco o patrón de compra”. “Recuperamos o sector de xente nova, moitos perderon cartos de viaxes que tiñan contratados por internet e acabaron volvendo con nós. Como sempre dicimos, cando voltas nós estamos aquí, seguimos no mesmo sitio”. “Agora todo está bastante relaxado, o ano pasado era un caos, tiñamos que mirar para cada sitio as restricións e os cambios que había”. Como cada ano, a celebración de FITUR, do 18 ao 22 de xaneiro, traerá novidades para o sector turístico, pero xa se sabe a importancia dos vos directos para a elección de destinos. “Exipto vai seguir soando, cada mes hai unha ou dúas saídas desde Santiago, e tamén Xordania”. No verán, en Galicia “predominan as Rías Baixas, agora as escapadas de balneario e talaso, non só para maiores, tamén xente nova e familias”. Do resto de España os destinos favoritos son “as illas, a costa do Sol e, en menor medida  a costa catalá”. A suba de prezos dos billetes de avión freouse nas últimas semanas “polas folgas moitas compañías se animaron a baixar prezos”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora