Reivindican á nai de Rosalía de Castro

Reivindican á nai de Rosalía de Castro
18 de Maio, 2022 - 08:19 h. | Publicada por Radio Fene

Rosalía de Castro describe a paisaxe galega e alude a súa nai que acaba de morrer. Fai un percorrido pola súa propia estirpe, citando o pazo de Arretén. A curtametraxe A Rosa Incandescente reivindica o papel da nai de Rosalía: “Sen unha nai agarimosa que se esforza para darlle a mellor educación á súa filla, sería imposible a relevancia intelectual da escritora” afirma Anxos Garcia Fonte.

A obra de Rosalía de Castro “Cantares Gallegos” ten unha estrutura circular. Tamén a curtametraxe A Rosa Incandescente abre e pecha cun pano vermello, segundo explicou onte en Cabanas a produtora da película Anxos Garcia Fonte.  A curtametraxe rodouse en Chantada e Ortigueira. Para Anxos Garcia, “o diálogo entre a xente viva e morta e fermoso e a min interesábame conectar coa Galicia de hoxe na que Rosalía de Castro segue viva. Transmite feminismo, preocupación pola natureza, defensa da paisaxe, o  valor do colectivo. Atopamos na súa obra un nós solidario”. A Rosa Incandescente proxectouse na tarde do Dia das Letras Galegas de 2022 na Casa do Concello de Cabanas. 

Cultura

Publica o teu comentario agora