A relación de Bertín Osborne co baloncesto

A relación de Bertín Osborne co baloncesto
21 de Marzo, 2019 - 11:29 h. | Publicada por Radio Fene

Que tén que ver Bertín Osborne co baloncesto? Podemos relacionar a Loquillo e ao base Raúl López? Quen queira obter a resposta a estas preguntas ou a outras similares debe ler o libro “Bailando sobre el parqué” que ven de publicar Óscar Quant. Entroutros asuntos fálase da amizade entre Osborne e o ex-pivote dos Miami Heats Rony Seikaly, coñecido play boy que despois de xogar na NBA fichou polo Barcelona de Aito García Remeses. Tras poucos meses abandonou o conxunto culé pola porta de atrás, despois dun acto de indisciplina e de moitos comentarios que falaban da súa afección ás saidas nocturnas.

ESCOITA O PODCAST:

Óscar Quant fala do seu libro "Bailando sobre el parqué"

http://173.255.131.18/audio/210319QUANT.mp3

Óscar Quant en Radio Fene Radiofusión

O libro de Quant publicado por Editorial del Milenio,  estruturado en catro cuartos, xira arredor do baloncesto e da música, do escenario e da cancha, do camerino e do vestiario.

Pop clásico

Öscar lidera o grupo Quant, con cancións de pop clásico colorista, pero con matices. Ademais impulsa a “basket & Roll Band” Skyhooks, unha banda tributo ao mellor basket, con homenaxe ao noble xogo da canasta. O libro “Bailando sobre el parqué” preséntase este venres 22 ás oito da tarde no Centro Cívico de Canido en Ferrol. Haberá charla, proxeccións e un mini concerto dos Skyhooks.

Deportes

Publica o teu comentario agora