ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Renuncia do concelleiro Joaquín Ayala ao cargo no Concello de Fene. Ayala, que foi cabeza de lista do PSOE nas pasadas eleccións municipais e voceiro do grupo socialista no Concello de Fene durante o que vai de mandato explicou en Radio Fene que marcha por razóns persoais. Considera “moi gratificante o traballo en beneficio da veciñanza”. No seu lugar entrará na Corporación nun próximo pleno Rosa Romero e a voceira do Grupo socialista será María Ares

“Buscar o mellor para Fene” é a mensaxe que deixa na súa despedida o xa ex-concelleiro socialista Joaquín Ayala. “Quedo coa satisfacción de que houbo entendemento e intención de chegar a acordos, tanto co anterior alcalde, Juventino, como coa alcaldesa Sandra”, destacou. “Hai que chegar a acordos polo benestar da cidadanía”. Non pensa que deba dar consellos aos compañeiros. “Teñen moi claro como facer as cousas o que se vai debe ser respectuosos cos que quedan”. “Se deixo a política é porque non vou ter tempo, hai que ser consecuente, apoiarei se me piden apoio nalgún momento”.
Publica o teu comentario agora