A relixiosidade, a memoria colectiva e a cultura popular no MARCO de Vigo

A relixiosidade, a memoria colectiva e a cultura popular no MARCO de Vigo

13 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Voando cara á terra foi o proxecto gañador da máis recente convocatoria do Premio para novos comisarios, que en 2009 foi convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine de Metz, Francia, e que ten como obxecto a realización dun proxecto expositivo para as dúas sedes. Trátase dunha proposta do comisario colombiano Inti Guerrero (Bogotá, 1983), residente en Amsterdam. A exposición inaugúrase o venres 21 de maio no Mus

Esta exposición reúne traballos de artistas que abordan procesos e formas de relixiosidade en relación coa política, a memoria colectiva e a cultura popular dos seus contextos. Voando cara á terra formula un diálogo entre pezas que tanto comparten un acto de iconoclastia como describen o modo en que as crenzas relixiosas aínda se trasladan ás xerarquías sociais, á idiosincrasia e imaxinarios das persoas. Unha vez clausurada en Vigo, a exposición viaxará a FRAC Lorraine, onde poderá verse dende o 23 de setembro de 2010 ata o 2 de xaneiro de 2011.

ARTISTAS

Marilyn Bridges, Flávio de Carvalho, Taller E.P.S. Huayco, Cristina Lucas, Ossama Mohammed, Valérie Mréjen, José Alejandro Restrepo, Alan Schneider/Samuel Beckett, Mona Vătămanu & Florin Tudor, Alexandre Vogler

Cultura