Remata a Fenerruta

Remata a Fenerruta

01 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta fin de semana remata a 6ª edición do concurso de tapas de Fene. Vai un mes do seu comezo, e o domingo 2 de xuño remata esta iniciativa do Concello de Fene para promover e dinamizar a hostelería local. No mes de xullo coñeceremos cal foi, a xuizo do xurado, a mellor tapa creativa e a mellor tapa popular,das 27 inscritas. Tamén se coñecerá a Tapa popular, aquel  petisco que gustou máis ao público.

Entre todos os votantes que selen nos 27 establecementos da Fenerruta sortearase: unha viaxe a Londres ou a Maiorca (cortesia de Volaria Fene), dous cursos de manexo de embarcacións (por cortesía de Aldebarán), material deportivo, 10 bonos de 20 euros para consumir en establecementos de Fene. Unha batidora de vaso e productos de perfumería. Aos establecementos gañadores se lles entregará un trofeo e un lote de productos de Meigas Fora. Os premiados non se coñecerán ate o mes de xullo.

Os últimos horarios para degustar as tapas son este mediodía, de 13.00 a 15.00 h. e esta tarde de 20.00 a 22.00h.

O domingo serviranse as tapas por ultima vez no horario da mañá. 

Sociedade