ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un bo remate para o verán e para preparar a volta ao cole. Do venres, día 6 de setembro, ao domingo, día 8, grandes ofertas no comercio local coa celebración do Outel de Fene, organizado polo Concello. Presentou o evento en Radio Fene a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.
Animou a concelleira a facer as compras no comercio local e a aproveitar as oportunidades que ofrecerán os establecementos participantes no Outlet de Fene. Coa organización do Outlet, o Concello aposta pola dinamización da economía no municipio. Ángeles Coira sinalou que o horario do Outlet será de 10 a 14h e de 17 a 20h o venres e o sábado, mentres que o domingo desenvolverase entre as 10.30 e as 13h. Sinalou que os establecementos interesados disporán de mesas e haimas facilitadas polo Concello para a exposición dos produtos á venda. Tamén haberá animación musical para dar ambiente as rúas comerciais nesas datas. Nesta edición do Outlet de Fene participarán 22 establecementos: A Tenda Agasallos, Berline Boutique, Bualá, Calzados Locay, DaMa, El Baúl de Bego, Jomer, Kenia, Koralli Boutique, Lanas Gena, Lencería Loly Calvo, Lualé 114, Más Sport, Mayka Moda, Mercería e Lencería Costuras, Mundo Mayuka, Mi Pachú, Un Pedacito de Mí, ZSR Zapatería, Cáprica Comics y Juegos, e as cafeterías do CCRD de Perlío e Arrecendo Galego. O evento, xa consolidado, atrae moitos clientes de fóra do concello e nesta edición contará co apoio da Deputación da Coruña.
Publica o teu comentario agora