Rematou a festa

Rematou a festa
09 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Eran adolescentes cando se iniciaron no consumo de alcohol. María José e Miguel forman parte do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos e comparten con nós as súas experiencias. 

 

ESCOITA O PODCAST:

María José lembra que probaba o alcol de nena nas celebracións dos patróns. Aos 13-14 anos colleu as primeiras borracheiras, cando saía coas amigas as fins de semana. Chegou ao Grupo nunha borracheira. “A festa do alcol rematara”. Para pertencer ao grupo, “porque beben os demais”. Así comezou, tamén noviño, Miguel. Pronto comezou ter lagoas mentais. Bebía para quitar o medo e o alcol pareceulle “un descubrimento marabilloso, non podía parar”. Despois empezaron as “resacas morais”. “A miña vida tamén cambiou”, di Miguel sobre a súa participación no Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra.

Sociedade

Publica o teu comentario agora